Hoxe, 20 de novembro de
2025, por ser o terceiro xoves do mes de Santos, celébrase o Día Mundial da
Filosofía. A UNESCO así o proclamou no ano 2005 para salientar o valor desta
disciplina para o desenvolvemento do pensamento humano, para cada cultura e
cada individuo.
Tamén a nosa Balteira se suma á conmemoración e quere subliñar, da man de Sofía, que son moitas as preguntas para pensar, para reflexionar aínda que non resulte doado dar coas respostas. Velaí o reto, sen dúbida, apaixoante.
Na obra de Jostein Gaarder, que vos aconsellamos, a protagonista conta cun misterioso profesor particular de Filosofía que, con desafíos constantes, busca espertar nela o asombro ante múltiples cuestións tratadas: a complexidade da verdade, o senso da vida, a mensaxe radical de salvación defendida por Xesús, o entusiasmo de Platón polas Matemáticas…
Agardamos que nalgún instante da vosa vida deixedes que a Filosofía entre pola porta da reflexión e do coñecemento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario